Este tema é moi interesante xa que, forma parte de todas as mitoloxías do mundo, inclundo a nosa, e como ben se sabe a mitoloxía e unha parte fundamental das bases da nosa historia e que tamén axuda a que evolucione.
Candomenos nós os galegos temos unha ampla tradición do mar e moitas lendas de sereas, hainas máis ou menos coñecidas, pero unha das máis sonadas é a lenda dos Mariño. Conta a lenda que un día un cabaleiro camiñaba pola praia cando de súpeto decatouse da presenza dunha serea na area, metade muller, metade peixe. O cabaleiro namorouse ao instante da serea e levouna consigo, xa na súa casa quitoulle con coidado as escamas da pel e entón a serea tiña apariencia humana. O cabaleiro tomouna aquela noite e ambos namoráronse profundamente. Pronto o cabaleiro decatouse de que non podía falar por máis que o intentara, pero isto non impediu que a seguise querendo, como non conseguira saber o seu nome chamouna Mariña, porque proviña do mar. En pouco tempo tiveron o seu primeiro fillo, e formaban unha familia feliz. Nas festas de san Xoán foron a praia a ver as fogueiras, e o cabaleiro colleu ao seu fillo coa intención de saltar con él a fogueira. Mariña descoñecía desa tradición, e cando veu ao seu esposo co fillo en brazos creu que o arroxaría a fogueira, e berrou: Non! Nese momento da súa gorxa saíu un pedazo de carne e puido falar. Dende ese intre o Cabaleiro levou unha longa e próspera vida con Mariña e o seu fillo, pero cando morreu Mariña volveu ao mar, non sen antes dicir:"cada varias xeracións levarei a un mariño devolta ó mar". Aína que pareza chanza sábese de casos de descendentes dos Mariño desaparecidos no mar.
Dende que era pequena encantábanme as sereas, por iso emocióname moito este tema. Considero que este tipo de mitoloxía adáptase moi ben ao galego. Chamoume moito a atención o poema de Paco Rivas pola súa devoción polas sereas ata tal punto que quería morrer escoitando o seu canto.
En 1403 unha serea debatíase nun baixo fondo cerca de Lic Édam, ao oeste de Frisia. Según un relato do século XVII, acuderon na súa axuda as mulleres do lugar que «a limparon quitándolle o musgo mariño que tiña adherido», xamáis puido aprender a falar, pero viviu aínda 15 anos e a súa morte recibiu cristiana sepultura no cemiterio da vila.
Ulises despois de marchar da illa onde se encontraba Circe, debía pasar por outra onde habitaban as sereas. Circe contoulle que se escoitaba os cantos das sereas, a súa vida correría perigo. Por iso, Ulises estando cerca da illa, cando comezaba a oír os cantos, moldeou unha varilla de cera e tapou os oídos dos tripulantes para que así non escoitaran. él pediulles que o atasen ao mástil sen posibilidade de ser desatado para non fuxir coas sereas. Elas intentaron seducir a Ulises pero os seus tripulantes non o soltaron, e así lograron sobrevivir.
A mitoloxía e unha parte fundamental da nosa historia, Galiza sempre foi unha zona mariñeira polo que este mito sérvelle moi ben. Persoalmente gústame moito as lendas,contos ou películas de sereas.Poden ser tan doces e fermosas como ruíns e mentireiras e gústame ese contraste.
O mito de Ulises e as sereas conta que Circe advertiulle que tivese coidado coas sereas que o seu canto provocaba a luxuria ata nos homes mais fortes e sensatos.
Ulises fai caso das advertencias de Circe e preparase, cando estaba cerca da illa das sereas e comezou a escoitar os cantos colleu cera e díxolle os seus tripulantes que a puxeran nos odios para non volverse tolos, e que o ataran no mástil, sen posibilidade de que o soltasen por moito que suplicase, e así, non tirarse a auga. Tras conseguir non tolear ante os cantos das sereas elas combertíronse en pedra e depositaronse no fondo do mar, deste xeito conseguiron sobrevivir.
COMENTARIO DO GLOSSI: Acabo de ver o glossi é aínda estou impactada co que vin , toda a vida pensei que as sereas non axistian que eran seres mitolóxicos e agora ao ver o video ´´A existencia das seres `` penso que existen. Parece un tema moi interesante gústanme moito as fotografías que hay e o poema de Paco Rivas . Sorprendeme a cantidade de cousas que hay das sereas poemas , contos , novelas...
A min gustoume moito este tema das sereas e como se relaciona coa literatura galega e o seu imaxinario o maís interesante para min foi o video da existencia de sereas e tamen me gustou saber que na mitoloxia galega levan un espello e un peite, para peitear os seus longos cabelos
Cando Ulises abandona a Circe , o seu siguinte obstáculo era pasar xunto a isla das sireas. A echiceira xa o había prevido contra elas , asi que lle pide aos seus compañeiros que se tapen os oidos con cera e que a el o aten contra o mástil do barco por que quería escoitar o canto da serease no fuxir.Cando pasaron por o reino das sereas suplicoulle a os seus homes que os soltaran pero estes non quixeron e asi puido sobrevivir.
A lenda da Maruxaina conta que diante do cabo de San Cibran hai uns illotes chamados "Os Farallóns".Dise que ali vivunha serea chamada "A Maruxaia". Nos días de mal tempo, a Maruxaina sae dos illotes e chama os mariñeiros.Hay quen cre que sae para axudar ós mariñeiros en caso de perigo ou coa intencion de engaiolas.
Conta a lenda que diante do cabo de San Cibrán , no concello de Cervo , hai uns illotes chamados ´Os Farallóns´. Dise que alí vive unha serea chamada`A Maruxaina ´. Nos días de mal tempo , a Maruxaina sae dos illotes e chama os mariñeiros . Hai quen cre que sae para axudar ós mariñeiros en caso de perigo , pero tamén hai quen di ca súa intención é engaiolalos para que nautraguen.
En Ulises e as sereas Ulises e advertido pola sua muller Circe. Ao ver as sereas obriga a os seus remeiros a taparse as orellas con cera,e el atase ao mastil do navio.Grazas a esta estratagema Ulises foi o unico que sobreviviu ao oir os cantos das sereas, que devoraban a os infaustos que se deixaban seducir. Estas criaturas monstruosas se precipitaron ao abismo ao verse vencidas.
Conta a lenda que o Deus do Mar e a Deusa da Terra só tiveron unha filla, á que chamaron Kyvalria Iðunn, a cal debera protexer ámbolos reinos eternamente. Para iso súa nai Terra otorgoulle un corpo de muller invencible que forjarían forte as Valquirias e os Centauros, o dominio dos elementos do fume e a terra así como unha longa cabeleira vermella como a lava das profundidades dos volcáns, para que non olvidara os dones da terra. Seu pai regaloulle a inmortalidad, o poder de ter ao seu servizo os elementos da auga e o aire, concedéndolle unha cola de peixe para que non olvidara o reino do mar. Pero o seu corazón era tan puro que os habitantes dos catro elementos tiñan medo de que alguén tan poderoso corrompérase, polo que chegaron a un acordo co Señor do Mar e a Dama da Tierra, protexer o seu corazón cunha coraza que as fadas e os unicornios chearían de luz e de amor puro, para que nunca olvidara protexer toda a vida; os Gnomos, Enanos e Duendes buscaron extraxendo os minerais máis duros e impenetrables, ata os máis secredos non descubertos polo home, todos os Dragóns do universo uníronse para fundilos, algo que foi posible grazas á maxia das Bruxas Brancas, os Elfos, Druidas e Leipreachan que aportaron boa sorte. Con tal alianza por protexer a vida, cubriuse o corazón de Kyvalria Iðunn; a Raíña Serea, quen defendendo o equilibrio eternamente, navega veloz polo mundo, aínda que a súa habita principal exténdese dende o Océano Atlántico, pasando polas súas augas preferidas dos mares Cantábrico, Celta, de Irlanda, do Norte, e mar Báltico hasta o Océano Glacial Ártico.
Ulises , despois de deixar a illa onde se encontraba Circe, viaxou coa súa tripulación e pasou pola illa das sereas. Como ela contoulle que non debía escoitar os seus cantos ou poñerían en perigo as súas vidas Ulises tapou os oídos aos seus compañeiros con cera excepto a el mesmo. Obrigou a todos os tripulantes a que o ataran ao mástil de forma que non puidese desatarse. Uns segundos despois, as sereas comezaron a cantar e intentaron seducir a Ulises, el gritoulles aos seus compañeiros para que o desataran e tirarse á auga. Eles non fixeron caso e só así lograron sobrevivir.
Aínda estou completamente impactada polo documental, agora xa non sei se crer que as sereas existen ou non. É sorprendente as cantidade de datos que se ten sobre estes seres, e o interese que ten a xente por saber delas, moi boa a fotografía e os textos, non tiña nin idea de como surxiron as sereas o cal a historia do seu orixe pareceume moi interesante. o glossi está bastante ben e non me esperaba que me gustase tanto.
O tema das sereas paréceme moi interesante porque xa dende pequenos nos contaban historias sobre elas. Son moi abondosas as referencias que se fan delas en moitas das nosas lendas que forman parte da literatura popular.
O tema das sereas paréceme moi interesante xa que dende pequenos nos contaban historias sobre elas. Son abondosas as referencias que se fan delas nas nosas lendas que forman parte da literatura popular.
Desde pequeno de tantos seres mitoloxicos sen duda o meu favorito era e é a serea. Mitad muller mitad peixe este ser mitoloxico é protagonista de poemas, contos, lendas,etc( como pudimos ver no Glossi). Din que o seu canto ten un efecto hipnotizador e que a súa beleza é capaz de namorar. Sen duda é un tema que me gusta moitisimo e do cal me encanta ler sobre él. COMENTARIO DE ÚLISES: No video de debuxos animados de Clan representan unha forma máis atractiva de coñecer a historia de Úlises e as sereas. O capítulo comeza coa muller de Úlises dicindo para ela mesma que oxala o seu home poda resistir o encanto das criaturas ás que se enfrentará. Navegando polo mar Ulises ve por primeira vez a unha serea quedan sorprendidos pola súa beleza. Ao parecer esta serea quedou impresionada tamén co atractivo de Úlises e do seu amigo e por iso pediulle a súa raiña que deixara que ela e as demais sereas cantaran unha canción aos mariñeiros. A raiña reacciona negativamemte porque desconfia dos humans pero chega Poseidón e quere que as sereas eliminen a Úlises porque di que este e o máis impertinente dos humans. Mentres tanto no barco. Úlises e os seus amigos descubren que o que viron foron sereas e poñense atentos porque éstas son perigosas. Coa axuda do tormentoso clima as sereas empezan a atacalos co seu canto, co seu fermoso canto... Úlises dáse conta e ordena a todos que se tapen os oidos pero un de eles non lle fai caso e é finalmente atrapado e levado polas sereas. Úlises e os seus compañeiros non pensan perder ao seu amigo e comezan a búsqueda para atopalo. Como podemos ver neste capítulo contase a historia de Úlises máis " didácticamente" para que nenos e nenas non se queden sen saber a historia... Esta ben adaptada e non se afasta moito da lenda orixinal.
Conta a lenda, que hai moito tempo, existía un nobre quen vivía nestas terras britonienses. O seu nome era Froilán, e era moi querido e apreciado po-los seus vasallos, po-la súa sabedoría e po-la súa xustiza. Froilán gostaba moito da caza, pasear no seu cabalo nas súas terras, e falar moito coa súa xente, mentres facía eses percorridos. Nun deses tantos días, nos que estaba a facer o seu paseo diario, viu dende un acantilado unha muller deitada na praia. Preso dunha grande curiosidade, achegouse amodiño ata ela. Quedou moi abraiado e perplexo, ó darse conta de ca muller durmida sobre na area tiña corpo de peixe. Era unha serea. Cando ela espertou e viu que Froilán estaba mirándoa, quixo escaparse, mais foi imposible. El montouna ó seu cabalo e levouna ó castelo. Cando tódo-los seus servos a viron quedaron admirados po-la extraordinaria fermosura da muller-peixe. Chamárona Mariña, por proceder do mar. Froilán e Mariña namoráronse rápidamente. Eles pasaban todo o día xuntos, montando á cabalo e percorrendo tóda-las terras do nobre. A pesar de que Froilán, intentou que ela aprendese a falar, Mariña, quizais pola súa condición de serea, non podía pronunciar palabra ningunha. Cando o intentaba, só podía emitir uns ruidos moi difíciles de comprender. Tal era o cariño dos namorados, que decidiron casar e ó pouco tempo, coma resultado dese amor, tiveron o seu primeiro fillo. O tempo pasaba e Mariña, seguía sen poder falar. Isto provocáballe unha gran mágoa e dor... Sentíase moi triste por non poder expresa-lo seu profundo amor e felicidade a Froilán e ó seu filliño. Na máxica noite de San Xoán, e estando nunha marabillosa festa, ó son das cancións, comendo, e bailando en fronte das fogueiras, Froilán, quen sabía o profundo medo que Mariña sentía cara ás faíscas, arrebatoulle o seu pequeno fillo dos seus brazos e saíu correndo co neno cara á fogueira, dando a impresión de que ámbo-los dous, quizais por mor dun meigallo o feitizo, entrarían nas chamas... Mariña, presa dun horror enorme, e por medo a perder ós dous seres que máis amaba no mundo, berrou desesperadamente: — "Froilán!!.. Fillo!!.." Dese xeito, e gracias ó susto, Mariña puido pronuncia-las primeiras palabras da súa vida... e pouco a pouco aprendeu a falar... Houbo unha grande celebración e festa no castelo, e a maior ledicia e felicidade na vida do nobre Froilán, que viviu feliz con Mariña polo resto da súa vida. Anos despois, dous dos descendentes desta parella, Froilán e Mariña, acadaron gran fama e sona no Reino de Galicia. Eran Os Mariños, que dedicados á poesía e á música, foron os compositores dunha das máis fermosas composicións líricas dos cancioneiros galegos medievais. Este nobre liñaxe do reino, tiña o seu escudo de prata, cunha representación dunha serea e tres ondas azuis. Tamén varios integrantes desta familia, participarían nas guerras contra os árabes, asentáronse nos novos territorios do sur e contribuíron á riqueza do que sería o futuro Reino de Portugal.
Unha moi boa documentación sobre sereas, ambientada na historia de Ulises. Tamén fala do engaiolamento que lle producen as sereas aos mariñeiros e as diferentes características que portan as sereas nas diferentes zonas nas que existen. Algúns autores importantes como son Agustín Fernández Paz e Cunqueiro publicaron sendos libros sobre as sereas.
O mito de Ulises conta como este é advertido por Circe, quen lle di que estaría en grave perigo se vai pasar pola illa das sereas e que por iso lle di aos seus homes que se tapen os oídos con cera para que non sexan enfeitizados. Ulises é atado ao mástil do barco e os seus homes non o soltan ao pasar pola illa das sereas e é por iso polo que Ulises sobrevive.
A miña opinión sobre as sereas é que non creo que existan pero parécenme que é un dos seres máis importantes da mitoloxía galega por todos os contos, lendas e historias que deles podemos atopar.
Para todos vós, hai pouco saíu Literatura de sereas, de Xulio Pardo de Neyra, un ensaio estupendo, aclarativo, moi riguroso e que trata o achegamento a estes seres desde a literatura galega mais estendéndose ao resto de literaturas europeas, mesmo do planeta. É amplamente recomendable. Moi bo traballo!!!!
23 comentarios:
Este tema é moi interesante xa que, forma parte de todas as mitoloxías do mundo, inclundo a nosa, e como ben se sabe a mitoloxía e unha parte fundamental das bases da nosa historia e que tamén axuda a que evolucione.
Candomenos nós os galegos temos unha ampla tradición do mar e moitas lendas de sereas, hainas máis ou menos coñecidas, pero unha das máis sonadas é a lenda dos Mariño.
Conta a lenda que un día un cabaleiro camiñaba pola praia cando de súpeto decatouse da presenza dunha serea na area, metade muller, metade peixe. O cabaleiro namorouse ao instante da serea e levouna consigo, xa na súa casa quitoulle con coidado as escamas da pel e entón a serea tiña apariencia humana. O cabaleiro tomouna aquela noite e ambos namoráronse profundamente. Pronto o cabaleiro decatouse de que non podía falar por máis que o intentara, pero isto non impediu que a seguise querendo, como non conseguira saber o seu nome chamouna Mariña, porque proviña do mar. En pouco tempo tiveron o seu primeiro fillo, e formaban unha familia feliz. Nas festas de san Xoán foron a praia a ver as fogueiras, e o cabaleiro colleu ao seu fillo coa intención de saltar con él a fogueira. Mariña descoñecía desa tradición, e cando veu ao seu esposo co fillo en brazos creu que o arroxaría a fogueira, e berrou: Non! Nese momento da súa gorxa saíu un pedazo de carne e puido falar. Dende ese intre o Cabaleiro levou unha longa e próspera vida con Mariña e o seu fillo, pero cando morreu Mariña volveu ao mar, non sen antes dicir:"cada varias xeracións levarei a un mariño devolta ó mar". Aína que pareza chanza sábese de casos de descendentes dos Mariño desaparecidos no mar.
Dende que era pequena encantábanme as sereas, por iso emocióname moito este tema. Considero que este tipo de mitoloxía adáptase moi ben ao galego.
Chamoume moito a atención o poema de Paco Rivas pola súa devoción polas sereas ata tal punto que quería morrer escoitando o seu canto.
En 1403 unha serea debatíase nun baixo fondo cerca de Lic Édam, ao oeste de Frisia. Según un relato do século XVII, acuderon na súa axuda as mulleres do lugar que «a limparon quitándolle o musgo mariño que tiña adherido», xamáis puido aprender a falar, pero viviu aínda 15 anos e a súa morte recibiu cristiana sepultura no cemiterio da vila.
Ulises despois de marchar da illa onde se encontraba Circe, debía pasar por outra onde habitaban as sereas. Circe contoulle que se escoitaba os cantos das sereas, a súa vida correría perigo. Por iso, Ulises estando cerca da illa, cando comezaba a oír os cantos, moldeou unha varilla de cera e tapou os oídos dos tripulantes para que así non escoitaran. él pediulles que o atasen ao mástil sen posibilidade de ser desatado para non fuxir coas sereas. Elas intentaron seducir a Ulises pero os seus tripulantes non o soltaron, e así lograron sobrevivir.
A mitoloxía e unha parte fundamental da nosa historia, Galiza sempre foi unha zona mariñeira polo que este mito sérvelle moi ben.
Persoalmente gústame moito as lendas,contos ou películas de sereas.Poden ser tan doces e fermosas como ruíns e mentireiras e gústame ese contraste.
O mito de Ulises e as sereas conta que Circe advertiulle que tivese coidado coas sereas que o seu canto provocaba a luxuria ata nos homes mais fortes e sensatos.
Ulises fai caso das advertencias de Circe e preparase, cando estaba cerca da illa das sereas e comezou a escoitar os cantos colleu cera e díxolle os seus tripulantes que a puxeran nos odios para non volverse tolos, e que o ataran no mástil, sen posibilidade de que o soltasen por moito que suplicase, e así, non tirarse a auga.
Tras conseguir non tolear ante os cantos das sereas elas combertíronse en pedra e depositaronse no fondo do mar, deste xeito conseguiron sobrevivir.
COMENTARIO DO GLOSSI:
Acabo de ver o glossi é aínda estou impactada co que vin , toda a vida pensei que as sereas non axistian que eran seres mitolóxicos e agora ao ver o video ´´A existencia das seres `` penso que existen.
Parece un tema moi interesante gústanme moito as fotografías que hay e o poema de Paco Rivas .
Sorprendeme a cantidade de cousas que hay das sereas poemas , contos , novelas...
A min gustoume moito este tema das sereas e como se relaciona coa literatura galega e o seu imaxinario o maís interesante para min foi o video da existencia de sereas e tamen me gustou saber que na mitoloxia galega levan un espello e un peite, para peitear os seus longos cabelos
COMENTARIO ULISES:
Cando Ulises abandona a Circe , o seu siguinte obstáculo era pasar xunto a isla das sireas. A echiceira xa o había prevido contra elas , asi que lle pide aos seus compañeiros que se tapen os oidos con cera e que a el o aten contra o mástil do barco por que quería escoitar o canto da serease no fuxir.Cando pasaron por o reino das sereas suplicoulle a os seus homes que os soltaran pero estes non quixeron e asi puido sobrevivir.
A lenda da Maruxaina conta que diante do cabo de San Cibran hai uns illotes chamados "Os Farallóns".Dise que ali vivunha serea chamada "A Maruxaia". Nos días de mal tempo, a Maruxaina sae dos illotes e chama os mariñeiros.Hay quen cre que sae para axudar ós mariñeiros en caso de perigo ou coa intencion de engaiolas.
LENDA DA MARUXAINA:
Conta a lenda que diante do cabo de San Cibrán , no concello de Cervo , hai uns illotes chamados ´Os Farallóns´. Dise que alí vive unha serea chamada`A Maruxaina ´. Nos días de mal tempo , a Maruxaina sae dos illotes e chama os mariñeiros . Hai quen cre que sae para axudar ós mariñeiros en caso de perigo , pero tamén hai quen di ca súa intención é engaiolalos para que nautraguen.
En Ulises e as sereas
Ulises e advertido pola sua muller Circe. Ao ver as sereas obriga a os seus remeiros a taparse as orellas con cera,e el atase ao mastil do navio.Grazas a esta estratagema Ulises foi o unico que sobreviviu ao oir os cantos das sereas, que devoraban a os infaustos que se deixaban seducir. Estas criaturas monstruosas se precipitaron ao abismo ao verse vencidas.
Conta a lenda que o Deus do Mar e a Deusa da Terra só tiveron unha filla, á que chamaron Kyvalria Iðunn, a cal debera protexer ámbolos reinos eternamente.
Para iso súa nai Terra otorgoulle un corpo de muller invencible que forjarían forte as Valquirias e os Centauros, o dominio dos elementos do fume e a terra así como unha longa cabeleira vermella como a lava das profundidades dos volcáns, para que non olvidara os dones da terra.
Seu pai regaloulle a inmortalidad, o poder de ter ao seu servizo os elementos da auga e o aire, concedéndolle unha cola de peixe para que non olvidara o reino do mar.
Pero o seu corazón era tan puro que os habitantes dos catro elementos tiñan medo de que alguén tan poderoso corrompérase, polo que chegaron a un acordo co Señor do Mar e a Dama da Tierra, protexer o seu corazón cunha coraza que as fadas e os unicornios chearían de luz e de amor puro, para que nunca olvidara protexer toda a vida; os Gnomos, Enanos e Duendes buscaron extraxendo os minerais máis duros e impenetrables, ata os máis secredos non descubertos polo home, todos os Dragóns do universo uníronse para fundilos, algo que foi posible grazas á maxia das Bruxas Brancas, os Elfos, Druidas e Leipreachan que aportaron boa sorte.
Con tal alianza por protexer a vida, cubriuse o corazón de Kyvalria Iðunn; a Raíña Serea, quen defendendo o equilibrio eternamente, navega veloz polo mundo, aínda que a súa habita principal exténdese dende o Océano Atlántico, pasando polas súas augas preferidas dos mares Cantábrico, Celta, de Irlanda, do Norte, e mar Báltico hasta o Océano Glacial Ártico.
Ulises , despois de deixar a illa onde se encontraba Circe, viaxou coa súa tripulación e pasou pola illa das sereas. Como ela contoulle que non debía escoitar os seus cantos ou poñerían en perigo as súas vidas Ulises tapou os oídos aos seus compañeiros con cera excepto a el mesmo. Obrigou a todos os tripulantes a que o ataran ao mástil de forma que non puidese desatarse. Uns segundos despois, as sereas comezaron a cantar e intentaron seducir a Ulises, el gritoulles aos seus compañeiros para que o desataran e tirarse á auga. Eles non fixeron caso e só así lograron sobrevivir.
Aínda estou completamente impactada polo documental, agora xa non sei se crer que as sereas existen ou non. É sorprendente as cantidade de datos que se ten sobre estes seres, e o interese que ten a xente por saber delas, moi boa a fotografía e os textos, non tiña nin idea de como surxiron as sereas o cal a historia do seu orixe pareceume moi interesante. o glossi está bastante ben e non me esperaba que me gustase tanto.
E un tema que gustame moito debido a que esta relacionado ca nosa mitoloxia que e a base da historia por asi decilo
O tema das sereas paréceme moi interesante porque xa dende pequenos nos contaban historias sobre elas. Son moi abondosas as referencias que se fan delas en moitas das nosas lendas que forman parte da literatura popular.
O tema das sereas paréceme moi interesante xa que dende pequenos nos contaban historias sobre elas. Son abondosas as referencias que se fan delas nas nosas lendas que forman parte da literatura popular.
Desde pequeno de tantos seres mitoloxicos sen duda o meu favorito era e é a serea. Mitad muller mitad peixe este ser mitoloxico é protagonista de poemas, contos, lendas,etc( como pudimos ver no Glossi). Din que o seu canto ten un efecto hipnotizador e que a súa beleza é capaz de namorar. Sen duda é un tema que me gusta moitisimo e do cal me encanta ler sobre él. COMENTARIO DE ÚLISES: No video de debuxos animados de Clan representan unha forma máis atractiva de coñecer a historia de Úlises e as sereas. O capítulo comeza coa muller de Úlises dicindo para ela mesma que oxala o seu home poda resistir o encanto das criaturas ás que se enfrentará. Navegando polo mar Ulises ve por primeira vez a unha serea quedan sorprendidos pola súa beleza. Ao parecer esta serea quedou impresionada tamén co atractivo de Úlises e do seu amigo e por iso pediulle a súa raiña que deixara que ela e as demais sereas cantaran unha canción aos mariñeiros. A raiña reacciona negativamemte porque desconfia dos humans pero chega Poseidón e quere que as sereas eliminen a Úlises porque di que este e o máis impertinente dos humans. Mentres tanto no barco. Úlises e os seus amigos descubren que o que viron foron sereas e poñense atentos porque éstas son perigosas. Coa axuda do tormentoso clima as sereas empezan a atacalos co seu canto, co seu fermoso canto... Úlises dáse conta e ordena a todos que se tapen os oidos pero un de eles non lle fai caso e é finalmente atrapado e levado polas sereas. Úlises e os seus compañeiros non pensan perder ao seu amigo e comezan a búsqueda para atopalo. Como podemos ver neste capítulo contase a historia de Úlises máis " didácticamente" para que nenos e nenas non se queden sen saber a historia... Esta ben adaptada e non se afasta moito da lenda orixinal.
Conta a lenda, que hai moito tempo, existía un nobre quen vivía nestas terras britonienses. O seu nome era Froilán, e era moi querido e apreciado po-los seus vasallos, po-la súa sabedoría e po-la súa xustiza.
Froilán gostaba moito da caza, pasear no seu cabalo nas súas terras, e falar moito coa súa xente, mentres facía eses percorridos.
Nun deses tantos días, nos que estaba a facer o seu paseo diario, viu dende un acantilado unha muller deitada na praia. Preso dunha grande curiosidade, achegouse amodiño ata ela. Quedou moi abraiado e perplexo, ó darse conta de ca muller durmida sobre na area tiña corpo de peixe. Era unha serea.
Cando ela espertou e viu que Froilán estaba mirándoa, quixo escaparse, mais foi imposible. El montouna ó seu cabalo e levouna ó castelo. Cando tódo-los seus servos a viron quedaron admirados po-la extraordinaria fermosura da muller-peixe. Chamárona Mariña, por proceder do mar.
Froilán e Mariña namoráronse rápidamente. Eles pasaban todo o día xuntos, montando á cabalo e percorrendo tóda-las terras do nobre.
A pesar de que Froilán, intentou que ela aprendese a falar, Mariña, quizais pola súa condición de serea, non podía pronunciar palabra ningunha. Cando o intentaba, só podía emitir uns ruidos moi difíciles de comprender. Tal era o cariño dos namorados, que decidiron casar e ó pouco tempo, coma resultado dese amor, tiveron o seu primeiro fillo. O tempo pasaba e Mariña, seguía sen poder falar. Isto provocáballe unha gran mágoa e dor... Sentíase moi triste por non poder expresa-lo seu profundo amor e felicidade a Froilán e ó seu filliño.
Na máxica noite de San Xoán, e estando nunha marabillosa festa, ó son das cancións, comendo, e bailando en fronte das fogueiras, Froilán, quen sabía o profundo medo que Mariña sentía cara ás faíscas, arrebatoulle o seu pequeno fillo dos seus brazos e saíu correndo co neno cara á fogueira, dando a impresión de que ámbo-los dous, quizais por mor dun meigallo o feitizo, entrarían nas chamas... Mariña, presa dun horror enorme, e por medo a perder ós dous seres que máis amaba no mundo, berrou desesperadamente:
— "Froilán!!.. Fillo!!.."
Dese xeito, e gracias ó susto, Mariña puido pronuncia-las primeiras palabras da súa vida... e pouco a pouco aprendeu a falar... Houbo unha grande celebración e festa no castelo, e a maior ledicia e felicidade na vida do nobre Froilán, que viviu feliz con Mariña polo resto da súa vida.
Anos despois, dous dos descendentes desta parella, Froilán e Mariña, acadaron gran fama e sona no Reino de Galicia. Eran Os Mariños, que dedicados á poesía e á música, foron os compositores dunha das máis fermosas composicións líricas dos cancioneiros galegos medievais.
Este nobre liñaxe do reino, tiña o seu escudo de prata, cunha representación dunha serea e tres ondas azuis.
Tamén varios integrantes desta familia, participarían nas guerras contra os árabes, asentáronse nos novos territorios do sur e contribuíron á riqueza do que sería o futuro Reino de Portugal.
Unha moi boa documentación sobre sereas, ambientada na historia de Ulises. Tamén fala do engaiolamento que lle producen as sereas aos mariñeiros e as diferentes características que portan as sereas nas diferentes zonas nas que existen. Algúns autores importantes como son Agustín Fernández Paz e Cunqueiro publicaron sendos libros sobre as sereas.
O mito de Ulises conta como este é advertido por Circe, quen lle di que estaría en grave perigo se vai pasar pola illa das sereas e que por iso lle di aos seus homes que se tapen os oídos con cera para que non sexan enfeitizados. Ulises é atado ao mástil do barco e os seus homes non o soltan ao pasar pola illa das sereas e é por iso polo que Ulises sobrevive.
A miña opinión sobre as sereas é que non creo que existan pero parécenme que é un dos seres máis importantes da mitoloxía galega por todos os contos, lendas e historias que deles podemos atopar.
Para todos vós, hai pouco saíu Literatura de sereas, de Xulio Pardo de Neyra, un ensaio estupendo, aclarativo, moi riguroso e que trata o achegamento a estes seres desde a literatura galega mais estendéndose ao resto de literaturas europeas, mesmo do planeta. É amplamente recomendable. Moi bo traballo!!!!
Publicar un comentario