2/09/2014

SAFO, poetisa da antiga Grecia



Safo ( Lesbos, século VI a.C.) é unha das poetisas máis misteriosas da antiga Grecia; dos seus poemas só conservamos completo un (dunha totalidade de nove volumes de poemas fragmentados); as súas composicións falan de amor, de nostalxia e de desexo.

Según informacións do xornal portugués Esquerda.net  veñen de descobrirse dous poemas (nun papiro do século III d. C. , propiedade dun coleccionista) da poetisa grega: un completo sobre os seus irmáns e un fragmento doutro  que fala dun amor non correspondido.

Outros fragmentos poéticos, o dialecto e o metro confirman a atribución dos poemas a Safo. 

O poema completo di:

 " Aqueles a quem o deus Zeus decide salvar das grandes tormentas estão verdadeiramente benzidos e gozam de “uma sorte sem par”.


Safo amou tanto a mulleres como a homes, algo aceptable entre os antigos gregos, nos seus versos cantou amor ás mulleres.

O nome Safo deu orixe ao termo sáfico e o seu lugar nacemento, Lesbos, ao  término lesbianismo.

No hay comentarios: